domingo, 10 de abril de 2011

CAN RASCACÚ ( TIRADADOS PARA COMPLETAR CON LETRAS)



...A...E...I...O...U
CANTAS PULGAS FARIÑENTAS
TEN O CAN RASCACÚ?

TIRADADOS.


DADO, DADÁN
CANTOS DEDOS BAILAN
NA TÚA MAN?
…………………..
SEÑOR CABEZALLO,
SEÑOR CABEZALLO,
CANTOS DENTES TES,
DEBAIXO DO SAIO?
…………………………
DADO, DADEIRO,
CANTAS CARTAS LEVA O CARTEIRO
DEBAIXO DO SOMBREIRO?
……………………………
SEÑORA MANDARINA,
SEÑORA MANDARINA,
CANTOS FILLOS TES
DEBAIXO DA GABARDINA?
…………………………
LARANXA, LIMÓN.
LARANXA, LIMÓN.
CANTAS FROITAS PAPA
O LOBO LAMBÓN?
Aaaaauuuuuuuuuuuuuuuuu!
……………………….
DADO, DADAL
CANTAS GOTAS DE ORBALLO,
BEBE A LÚA,
DENTRO DUN DEDAL?

LÚA COMETODO, LÚA COMENADA



LÚA COMETODO, LÚA COMENADA.
LÚA CARA DE EMPANADA.
LÚA COMETODO, LÚA COMENADA.
LÚA CARA DE MAZÁ ASADA.
LÚA COMETODO, LÚA COMENADA.
LÚA CARA DE ENSALADA.
LÚA COMETODO, LÚA COMENADA.
LÚA CARA DE CASTAÑA CHAMUSCADA.
LÚA COMETODO, LÚA COMENADA.
LÚA CARA DE TOSTADA CON MARMELADA.

O RINOCERONTE


QUE NINGUÉN O CONTE:
ONTE, ONTE…
CHEGOU O RINOCERONTE…
SSSSSSSSSSS!
QUE NINGUÉN O CONTE:

ONTE, ONTE…
PASOU POLA PONTE…
SSSSSSSSSSS!
QUE NINGUÉN O CONTE:
ONTE, ONTE…
QUEDOU DURMIDO NO MONTE…
SSSSSSSSSSS!
QUE NINGUÉN O CONTE:
ONTE, ONTE…
SOÑOU QUE VOABA ENRIBA DUN BISONTE.
SSSSSSSSSSS!
QUE NINGUÉN O CONTE:
ONTE, ONTE…
SOÑOU QUE CHEGABAN ATA Ó HORIZONTE.
SSSSSSSSSSSSS

sábado, 12 de fevereiro de 2011

O CABALO GONZALO (PARA XOGAR CO CORPO)


OH LA LÁ

OH LA LÁ

O CABALO GONZALO… BAILARÁ!

OH LA LÁ

OH LA LÁ

O CABALO GONZALO… BEBERÁ!

OH LA LÁ

OH LA LÁ

O CABALO GONZALO… NADARÁ!

OH LA LÁ

OH LA LÁ O CABALO GONZALO….

RIO TORTO, RIO TORTO.


RÍO TORTO, RÍO TORTO,

COIDA MOITO DO PEIXIÑO

QUE NACEU SEN ESCAMAS

E POR ISO TEN FRÍO.

RÍO TORTO, RÍO TORTO,

COIDA MOITO DO PEIXIÑO

QUE NACEU SEN ESCAMAS

E NON TEN ABRIGO.

RÍO TORTO, RÍO TORTO,

QUE IMOS FACER?

SE O PEIXIÑO SEN ESCAMAS

VAI NADANDO Ó DEREITO E O REVÉS!

METEMEDO. PARA XOGAR COS DEDOS.


METEMEDO
É UN DEDO CALVO CON 1 PELO,
SE O TOCAS,
CONVÍRTESTE NUN MERLO.

RAIOLA, RAIOLIÑA (CANCIÓN DE BERCE)


RAIOLA, RAIOLIÑA
RÁ PEQUENA, PEQUENIÑA.
RAIOLA, RAIOLIÑA
RÁ CON DOR…
NA BARRIGA, BARRIGUIÑA.
RAIOLA, RAIOLIÑA
DURME, DURME,…MIÑA RAIÑA.

RIMAS PARA TIRAR DADOS E XOGAR COS NÚMEROS.


DADO, DADIÑO
CANTOS BIGOTES TEN
O GATO PEPIÑO?
.........................................
ORELLAS DE LENTELLAS,
CANTOS GATOS BEBEN
LEITE NAS TELLAS?
.........................................
ZAPATO, ZAPATÓN
CANTOS METROS MIDE
O TEU CORDÓN?
.........................................
DON REPOLO,
DON REPOLO
CANTO PESA
O TEU BARRIGOLO?
.........................................
DADO, DADIÑO
CANTOS BIGOTES TEN
O GATO PEPIÑO?
........................................
DADO, DADETE
CANTOS SALTOS DA
O SAPO ERNESTE?
........................................
FERREIRIÑO ABELLEIRO,
FERREIRIÑO ABELLEIRO,
CANTAS ABELLAS TES NO PETEIRO?
........................................
COBRA SAPEIRA,
COBRA SAPEIRA,
CANTO MIDES,
TODA ESTIRADA, TODA ENTEIRA?
..........................................
DADO, DADEIRO
CANTAS XOUBAS HAI
NO CALDEIRO? .
.........................................
DADO, DADEIRO,
CANTOS XURELOS LEVAN
SOMBREIRO?

CONTO, CONTOLÁN (PECHACONTOS)


...E ESTE CONTO, CONTOLÁN,
QUERE IR A DURMIR,
SÓPRALLE NUNHA ORELLA
PARA QUE POIDA BULIR.

CARACÚ CARACÁ! (POEMA ENCADEADO)


CARACÚ, CARACÁ!
CANTA O VERME
CANDO ATOPA UN CHÍCHARO VERDE.

CARACÚ, CARACÁ!
CANTA O GALO CRESTACERDE
CANDO ATOPA UN VERME.

CARACÚ, CARACÁ!
CANTA A SERPE
CANDO ATOPA UN GALO CRESTACERDE.

CARACÚ, CARACÁ!
CANTA A AGUIA
CANDO ATOPA UNHA SERPE.

O GATO TIÑA UN ZAPATO (POEMA SEN FIN)


O GATO TIÑA UN ZAPATO.
O ZAPATO ERA DE ESCAMAS.
AS ESCAMAS ERAN DUN PEIXE.
O PEIXE ERA DAS CHARCAS.
AS CHARCAS ERAN DAS RAS.
ESTA É UNHA HISTORIA…
QUE XAMÁIS NINGUÉN EN NINGURES,
REMATOU…
NEN TI REMATÁS.

A CRESTA DA GALIÑA BALBINA


A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA CEREIXA DA CESTA,
E PUXOSELLE VERMELLA A CRESTA.
A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA LEITUGA DA CESTA
E PÚXOSELLE VERDE A CRESTA.
A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA PIÑA DA CESTA
E PÚXOSELLE MARRÓN A CRESTA.
A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA BERENXENA DA CESTA
E PÚXOSELLE VIOLETA A CRESTA.
A GALIÑA BALBINA
COMEU UNHA CABAZA DA CESTA
E PÚXOSELLE LARANXA A CRESTA.

domingo, 19 de dezembro de 2010

ABRE OS OLLOS (CANCIÓN DE BENVIDA)


ABRE OS OLLOS
E DESPERTA,
XA ESTAMOS AQUI
PARA DARNOS UNHA APERTA.

ORELLAS DE ATÚN .


ORELLAS DE CALCETÁN
TAN, TAN, TAN!
ORELLAS DE CALCETÉN
TEN, TEN, TEN!
ORELLAS DE CALCETÍN
TIN, TIN, TIN!
ORELLAS DE CALCETÓN
TON, TON, TON!
ORELLAS DE CALCETÚN…
ATÚN!!!!!